Ourense, Buenos Aires e Toronto, exemplos de territorios innovadores pola súa xestión

Compartir

  • O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe no Seminario Internacional de Boas Prácticas na Governança en Curitiba (Brasil) o seu modelo de xestión para a provincia de Ourense, "Smart Province".

  • A estrataxia de posicionamento internacional da "marca Ourense"; á promoción das singularidades da provincia; un modelo de xestión pública baseado en iniciativas innovadoras e participativas, que facilitan a relación administración-cidadán; a cooperación público-privada, e a transparencia como liña institucional básica, foron os eixes da intervención do presidente diante de expertos internacionais.

  • Baltar e o ministro das Cidades de Brasil, Gilberto Kassab, asinaron un convenio de colaboración que posibilitará a cooperación entre a Deputación de Ourense e o Goberno de Paraná nos ámbitos do coñecemento a transferencia tecnolóxica, as boas prácticas na xestión pública e o intercambio de docentes e investigadores.

Ourense, 22 de outubro de 2015.- A provincia de Ourense e as urbes de Buenos Aires e Toronto son consideras exemplos de innovación pola visión política e os modelos de xestión que as administracións desenvolven nestes territorios nos ámbitos económico, de desenvolvemento sostible, transparencia e servizos que ofrecen aos cidadáns. Estas foron as conclusións da primeira xornada do Seminario Internacional de Boas Prácticas na Governança que se celebra hoxe e mañá na cidade de Curitiba (Paraná, Brasil), no que expertos analizan os últimos avances en xestión do territorio e iniciativas innovadoras para potenciar o desenvolvemento económico e a competitividade.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi convidado a presentar o seu modelo de xestión para a provincia de Ourense -único relatorio que se presenta dun territorio europeo nesta conferencia-, baseado nos plans de estratexia operativa Ourense 92 e Plan 15-19 que o goberno provincial desenvolve no ámbito da innovación e da xestión pública.

A estrataxia de posicionamento internacional da "marca Ourense"; á promoción das singularidades da provincia; un modelo de xestión pública baseado en iniciativas innovadoras e participativas, que facilitan a relación administración-cidadán; a cooperación público-privada, e a transparencia como liña institucional básica, foron os eixes da intervención do presidente diante de expertos internacionais.

Como inicio do acto, e froito das conversas mantidas estes días entre Manuel Baltar e representantes do Goberno de Brasil e do Estado de Paraná, o presidente da Deputación de Ourense, o ministro das Cidades de Brasil, Gilberto Kassab, e a gobernadora de Paraná, Cida Borghetti, asinaron un convenio de colaboración histórico entre un goberno provincial, un estado e un país, que posibilitará a cooperación entre a Deputación de Ourense e o Goberno de Paraná nos ámbitos do coñecemento a transferencia tecnolóxica, as boas prácticas na xestión pública e o intercambio de docentes e investigadores, dado o interese que as autoridades brasileiras amosaron polos plantexamentos de "fusión de servizos", rendabilidade, transparencia e benestar do modelo presentado por Manuel Baltar, e tamén pola oportunidade que supón para a provincia de Ourense implementar aspectos do desenvolvemento que ten situado a Curitiba e ao Estado de Paraná como referentes mundiais de innovación.

Neste senso, o ministro das Cidades fixo mención no seu discurso inaugural do seminario "ás innvoacións administrativas e de xestión levadas a cabo por Manuel Baltar, as cales teñen situado á provincia de Ourense, en España, como un referente en transparencia e xestión de servizos".

Na súa rolda de contactos Manuel Baltar tamén se entrevistou co cónsul de España en Curitiba, Saturnino Hernando, con quen falou de establecer liñas de colaboración coa colectividade galega e sinaldamente ourensá, integrada por máis de 3.000 na cidade de Curitiba e perto de 20.000 no Estado de Paraná.

A organización do seminario informou que as conclusións da conferencia, que incluirán o relatorio da Deputación de Ourense, servirán para o desenvolvemento regulamentario da Lei federal brasileira das Metrópolis LF13089/15.

Manuel Baltar presentou no seu relatorio o modelo de xestión que aplica na provincia de Ourense, "unha iniciativa que, ademais, forma parte dunha estratexia de posicionamento de Ourense no ámbito nacional e internacional, e que pivota sobre os plans Ourense 92 e Ourense 15-19, este último que rixe a institución para os próximos catro años".

Ao longo destas xornadas, Baltar e os relatores internacionais así como as autoridades institucionais debateron sobre gobernanza e financiamento dos territorios, e dos instrumentos de desenvolvemento rexional integrado e boas prácticas internacionais en xestión do territorio. Baltar explicou que o exemplo que pode dar a Deputación é importante "porque ten liderado cuestiones no ámbito da transparencia e propostas como a elección directa, realizando a primeira campaña electoral provincial a presidente".

Subliñou que a recuperación da facenda provincial e o novo funcionamento por áreas, así como a visión integral de provincia, con apostas claras como o cluster do Vino ou as reunións empresariais para crear un lobby "son razóns que converten en líder á Deputación de Ourense a nivel político", presente na comisión executiva da Fundación Democracia e Goberno Local, organizadora da primeira conferencia nacional de presidentes en Ourense; e integrante da Xunta de Goberno da FEMP e do consello político de Partenalia, con gobernos provinciais de países europeos.