Manuel Baltar defende a innovación e a creatividade como elementos que contribúen a impulsar a economía
- O presidente do goberno provincial participou no acto inaugural do "XXIII Encontro de Economía Pública", que reúne no Campus de Ourense a máis de cen economistas.
Ourense, 4 de febreiro de 2016.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe na inauguración do "XXIIII Encontro de Economía Pública", que se celebra na Facultade de Empresariais e Turismo do Campus de Ourense que innovación, creatividade e proxectos singulares "son elementos que contribúen a impulsar a economía e que distinguen aos territorios que van a vangarda". Neste foro, que reúne a 150 economistas que analizan a situación actual de España no marco soci-económico, o presidente do goberno provincial destacou "a importancia de cooperar e de xestionar con eficiencia e planificación, para que as cifras se traduzan e servizos de calidade para os concellos e os cidadáns".
Baltar fixo no seu relatorio un percorrido polas medidas innovadores que a Deputación de Ourense ten desenvolvido nos seus mandatos ao fronte do goberno provincial, tanto no ámbito da Transparencia como do desenvolvemento territorial, os servizos e a cooperación, cuestións polas que diferentes foros internacionais en América e Europa se teñen interesado para coñecer o modelo de "Provincia Intelixente" que propón Manuel Baltar para o que el define como "Visión global de provincia".
No foro, un total de 150 economistas españois e internacionais presentan hoxe e mañá cerca de oitenta traballos de investigación relacionados con materia de impostos, gasto público, descentralización e emprego, no marco do encontro de Economía Pública española, organizado o grupo de investigación (GEN) con base no campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O congreso, que se centra na economía pública, conta co experto do Fondo Monetario Internacional (FMI) e doutor en Economía pola Universidade de Washington e profesor da Georgia State University, Jorge Martínez-Vázquez, quen foi o encargado do relatorio inaugural. No acto de inauguración tamén interviron xunto a Manuel Baltar o vicereitor do campus Virxilio Rodríguez; o presidente do comité organizador, Santiago Lago, e o co-presidente do comité científico, Diego Martínez.