Himno da Federación Galega de Atletismo.-

Compartir
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do Himno da Federación Galega de Atletismo. Participarán o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e o compositor do himno, Xosé Lois Foxo. O acto contará coa participación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e da Coral de Ruada.