No balneario de Lobios terá lugar mañá venres, 23 de xuño, a reunión constitutiva da xunta directiva do proxecto "Raia Termal". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e os presidentes das cámaras municipais de Melgaço e Terras do Bouro, Manoel Bautista e Joaquim Cracel.