Galisenior 2016 abre as súas portas para promover un envellecemento activo e saudable
Ourense, 25 de maio de 2016.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá na inauguración de "Galisenior 2016", en Expourense que pretende promover un envellecemento activo e saudable, fomentar a autonomía persoas, prevención de situacións de fraxilidade, retrasar a dependencia e poñer en valor o papel que xogan na sociedade os nosos maiores.
Galisenior, de carácter bienal, é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 24% da demografía galega e o 31% no caso da provincia de Ourense. Este salón sirve de plataforma para promover as accións que se están a levar a cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de que a padece como do que exerce de coidador.
Na xornada de hoxe, centos de maiores de toda Galicia visitaron o salón para participar nos diferentes obradoiros que promoven actividades para vivir máis e mellor.
No acto tamén participaron o Director Xeral do IMSERSO, César Antón Beltrán; a Delegada Territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez; e o presidente do Comité asesor de Galisenior 2016 e Coordinador das Aulas de Maiores do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero.