Reunión da directora xeral de Recursos Humanos cos directores de Área da Deputación
Ourense, 8 de xuño de 2016.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, e a directora xeral de Recursos Humanos da Deputación, Paloma Domínguez Ferro, reuníronse esta mañá cos directores de área da institución provincial para analizar a situación dos recursos humanos nos ámbitos de Administración Xeral, Intervención, Tesouraría, Benestar, Medio Ambiente, Infraestruturas, Cultura e Deportes, Transparencia e Goberno Aberto, e Presidencia. A reunión é a primeira que realiza Paloma Domínguez cos responsables das áreas, xuntanzas que terán a súa continuidade para coñecer as necesidades de cada área en materia de recursos humanos.
Jorge Pumar explicou que se trata de "comezar un diálogo permanente para analizar a situación real dos recursos humanos do ente provincial, que actualmente conta con 735 empregados públicos, co fin de prestar cada día un mellor servizo aos cidadáns baseado na calidade da atención e a máxima transparencia, cumprindo a folla de ruta marcada no plan estratéxico "Ourense 15-19".