Presentación do XIV Curso de Medios Audiovisuais de Celanova.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 3 de xullo, a presentación da XIV edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, CeMAC 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Celanova, José Luis Ferro; do director do CeMAC, Miguel Anxo Fernández; do director do taller "Celanova. Plató de ficción", Paulino Pérez; do director do AGADIC, Jacobo Sutil; e do presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares.