Baltar analiza co presidente da Irmandade Galega de Venezuela a situación dos emigrantes ourensáns

Compartir

 

Ourense, 22 de agosto de 2016.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Irmandade Galega de Venezuela, Roberto González Pérez, acompañado do secretario xeral desta entidade, Jose Antonio Alejandro González, con quen analizou a situación actual da colectividade de emigrantes ourensáns naquel país, por mor da situación política e social que está a vivir Venezuela.

Manuel Baltar transmitiulle a solidariedade da cidadanía de Ourense co pobo venezolano, en especial cos ourensáns e as súas familias, diante da situación de incerteza que vive aquel país, que, tal como recoñeceu Roberto González, afecta aos ámbitos da sanidade, o emprego, os servizos sociais e a seguridade. O presidente do goberno provincial dixo que a Deputación de Ourense estudará posibilidades de colaboración coa irmandade para axudar a paliar a situación que están a padecer moitos emigrantes ourensáns en Venezuela.

ç