Manuel Baltar recibe no Pazo Provincial a José Rodríguez Carballo, premio "Ourensanía" 2013
Ourense, 24 de agosto de 2016.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao premio "Ourensanía" 2013, o ministro xeral da Orde Franciscana dos Frades Menores e Arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo, nomeado polo Papa Francisco secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica. Baltar e Carballo analizaron no encontro temas relacionados cos ámbitos da cultura e do patrimonio monumental e arquitectónico-relixioso que posúe a provincia de Ourense.
O premio "Ourensanía", un recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais, fóralle concedido a Rodríguez Carballo pola súa traxectoria profesional e seu compromiso con Galicia, coa súa lingua e a súa cultura, "xenerosidade sen límites coa terra na que naceu, co pobo ao que pertence e ao que representa, orgulloso das súas orixes en todo momento, en calquera lugar", afirma Manuel Baltar.