A Deputación de Ourense participa en Cáceres no congreso sobre despoboamento no medio rural
Ourense, 21 de outubro de 2016.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asinou esta mañá en Montánchez (Cáceres) a declaración contra o despoboamento no medio rural, no marco do congreso sobre eta temática que se está a celebrar nesta localidade. Esta declaración, á que se adhiren concellos e deputacións do territorio español, pretende sensibilizar sobre proceso de despoboamento que, como se recolle na declaración "vai máis aló dunha cuestión de pobos deshabitados ou de envellecemento da poboación rural, e representa unha desafección cun medio ao que pertencemos. Somos conscientes de que moitas das ocupacións rurais perderon o seu lugar na sociedade actual. Sen embargo, no perderon o seu valor e, posiblemente, só precisen novos escenarios nos que a innovación ou unha maior capacidade de relación neste mundo global permitan ao mundo rural unha recuperación da súa actividade".
Rosendo Fernandez afirma que as institucións asinantes nesta declaración "propuxemos impulsar unha serie de medidas que se incorporen na planificación das administracións públicas e nos seus presupostos, para favorecer iniciativas que palíen o problema do despoboamento". Entre estas iniciativas figuran: recoñecer e financiar a competencia local na promoción do desenvolvemento rural, no coidado do medio, e na disposición de servizos locais á cidadanía, que garantan a igualdade de oportunidades e que invertan a tendencia do despoboamento; realizar accións de toma de consciencia social, empresarial e política que impulsen a valorización do medio rural; introducir medidas fiscais e axudas económicas para a vida rural de familias, empresas e iniciativas piloto; desenvolver programas de promoción rural para o impulso de novas formas de economía social, de xestión do territorio e cohesión territorial, entre outras medidas.