A Deputación de Ourense participa na reunión da comisión executiva da Federación de Municipios con centrais hidroeléctricas e encoros
Madrid, 13 de decembro de 2016.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe en Madrid, na reunión da comisión executiva correspondente ao mes de decembro de 2016, da Federación Nacional de Asociacións e Municipios con centrais hidroeléctricas e encoros.
Na xuntanza debateuse sobre a proposta de instar ao Goberno Central a estudar a posibilidade de modificar a Lei Orgánica de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade Financeira co fin de suavizar o teito de gasto aos municipios como os da Federación, que non teñan débedas e si realmente de tesourería suficiente para facer fronte a novas inversións necesarias e urxentes, sen os requirimentos previos esixidos ata a data.
Asemade aprobouse a proposta de asignar as competencias da área lexislativa da Federación, á vicepresidencia primeira deste organismo, cargo que ostenta o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.