Manuel Baltar define a emprego, dinamización empresarial e apoio ao tecido produtivo "eixe fundamental" para a Deputación de Ourense
- O presidente provincial destacou no acto dos 51 anos do Polígono de san Cibrao "a importancia da cooperación público-privada para unir esforzos e acadar retos como o de hoxe, que conmemoran máis de medio século de vida empresarial dun dos polígonos industriais máis importantes de Galicia".
Ourense, 27 de decembro de 2016.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe, no acto de plantación do "árbore 51", que conmemora o 51º aniversario do Polígono industrial de san Cibrao das Viñas, "a importancia da cooperación público-privada para unir esforzos e acadar retos como o de hoxe, que conmemoran máis de medio século de vida empresarial dun dos polígonos industriais máis importantes de Galicia", e remarcou que para a Deputación de Ourense "o emprego, a dinamización empresarial e o apoio ao tecido produtivo é un eixe fundamental".
O presidente do goberno provincial dixo que supón "unha honra" estar hoxe aquí, e destacou que entre todas as institucións presentes no acto –asociación de empresarios, Universidade de Vigo, Concello de san Cibrao e Deputación de Ourense- "fomos quen de facer moitas e moi importantes cousas xuntos e nesa liña seguiremos", e recoñeceu na persoa de Elías Mera "o labor realizado ao longo de moitos anos e a traxectoria de todos os presidentes que dirixiron a Asociación de Empresarios do Polígono de san Cibrao, nunha zona industrial emblemática que é un claro referente empresarial do noroeste de España".
Xunto a Manuel Baltar, participaron no acto, celebrado na "Arboreda do Tempo", situada no corazón do polígono industrial, o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de san Cibrao, Elías Mera; o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o presidente do Consello social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, e o alcalde de san Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández. Tralos discursos, os participantes asinaron no Libro de Honra da asociación de empresarios e plantaron a árbore número 51, que conmemora un ano máis na vida do polígono industrial.