Brookings Institution e a Cámara EEUU-España colaborarán coa II Misión USA-Ourense para potenciar a innovación e as relacións económicas nos sectores claves da economía ourensá
- Ambas organizacións, dedicadas á busca de espazos de oportunidades empresariais no mundo, estudan os sectores máis competitivos da economía ourensá.
- Manuel Baltar afirma que a alianza con Brookings, situada na vangarda das políticas de innovación, "abrirá novas posibilidades de mercado para as empresas ourensás, nos encontros que se celebren no marco da misión".
- A Cámara de Comercio USA-España, presidida polo ex embaixador Alan Solomont, impulsará na misión relacións económicas entre emprendedores e Pemes, principalmente nos ámbitos do turismo, termalismo, consultoría, moda, alimentación, infraestruturas e medio ambiente.
Ourense, 15 de marzo de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, centrou a súa axenda, na terceira xornada da súa viaxe a Estados Unidos, nas estratexias de networking para os sectores clave da economía ourensá, co obxectivo de propiciar, por medio de alianzas con importantes entidades estadounidenses, que a segunda misión comercial USA-Ourense potencia a innovación e as relacións económicas entre empresas de ámbolos dous territorios.
Neste sentido, Baltar reuniuse con directivos de Brookings Institution, un dos centros de investigación social máis antigo de Washington, e con representantes da Cámara de Comercio EEUU-España. As dúas entidades confirmaron a súa colaboración coa II Misión USA-Ourense na procura de busca de espazos de oportunidades empresariais para os sectores máis competitivos da economía ourensá.
Tralos encontro celebrado en Washington con Marek Gootman, director de asociación estratéxica de Brookings, Manuel Baltar afirmou que a alianza con esta entidade, situada na vangarda das políticas de innovación, "abrirá novas posibilidades de mercado para as empresas ourensás, nos encontros que se celebren no marco da misión, centrando a súa cooperación nos posibles investidores que puideran estar interesados en desenvolver proxectos conxuntos con empresas dos sectores de actividade máis característicos e de maior competitividade da provincia de Ourense".
Brookings está a desenvolver programas como Global Cities, nos que seleccionan territorios que aposten pola innovación como sede de proxectos estratéxicos, de aí o interese desta organización por coñecer o proxecto "Provincia Intelixente" e a importancia do liderado institucional da Deputación de Ourense.
Apoio da Cámara USA-España
Por outra banda, Manuel Baltar reuniuse coa directora executiva da Cámara de Comercio bilateral USA-España, Gemma Cortijo, entidade presidida por Alan Solomont, ex embaixador dos Estados Unidos en España, quen participou na primeira misión comarcial USA-Ourense, a cal avaliou moi positivamente polo desenvolvemento deste encontro empresarial. Gemma Cortijo saudou a celebración dunha nova edición da misión, salientando que será ademais dun novo reto para as empresas de Ourense, unha oportunidade para compañías norteamericanas.
A directora executiva destacou a importancia de sectores da economía ourensá como o agroalimentario, o termalismo ou o turismo cultural, e confirmou que a Cámara de Comercio bilateral USA-España decidiu fixar como obxectivo prioritario neste ano a segunda misión comercial USA-Ourense.