Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Certame celtibérico de bandas de gaitas 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez; o director de Nova Oca Manzaneda, Gustavo Sanmartín, e o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo.