Pleno escolar do CEIP "A Ponte" na Deputación de Ourense

Compartir

Ourense, 23 de maio de 2017.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, recibiron esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a 47 alumnos de 6º de Primaria do CEIP "A Ponte" que, acompañados polos seus profesores, foron os protagonistas dunha Sesión Plenaria. Nesa liña de achegar a institución aos mozos ourensáns, o vicepresidente do goberno provincial explicoulles aos alumnos as actividades que se desenvolven no Salón de Plenos da institución provincial.

En preguntas que os alumnos formularon ao vicepresidente da Deputación de Ourense, mostraron interese por coñecer o funcionamento da institución, os servizos que presta aos concellos e aos cidadáns, e as iniciativas que desenvolven en materia de cultura, benestar e termalismo.