O presidente da Deputación recibe a integrantes do Programa Internacional de Liderado Feminino

Compartir

Ourense, 29 de maio de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a integrantes do Programa Internacional de Liderado Feminino, procedentes de institucións públicas e entidades de México e Ecuador, que están a realizar una visita á provincia de Ourense, acompañados polo politólogo ourensán e director do Instituto Internacional de Marketing e Comunicación, Eladio Jardón. Na entrevista co presidente do goberno provincial os integrantes deste programa coñeceron os proxectos no ámbito da innovación na xestión pública que desenvolve a Deputación de Ourense, entre os que figura o "Provincia Intelixente" e as iniciativas de apoio á internacionalización e a promoción da "marca Ourense". O Programa Internacional de Liderado Feminino ten como obxectivo promover a igualdade a través de iniciativas comunitarias e exemplos de implementación de políticas de desenvolvemento empresarial, social e político.