Reunión da Subcomisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP
Madrid, 16 de xuño de 2017.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe en Madrid, na reunión da Subcomisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias na cal se abordaron cuestións relativas ao II Congreso Nacional de Despoboamento, á Xornada de Financiamento da Deputación de León, á Conferencia de Presidentes Provinciais, ou sobre as Deputacións da Fundación Democracia e Goberno Local. Asemade durante a reunión debateuse sobre a xestión dos Fondos Europeos por parte das administracións locais. Por último, outro dos puntos da orde do día foi convocar a vindeira reunión da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares para o día 13 de setembro en Castellón.