Presentación do X Festival das Artes Escénicas de Riós.

Compartir
- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 3 de agosto, a presentación da X edición do Festival das Artes Escénicas de Riós. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Festival, Rubén Riós; da concelleira de Riós, Eva María Barrio; e dos premios Castaña de Cristal, Andrea Pousa e Bruxo Queiman.