Baltar visita o Concello do Bolo co presidente da Xunta

Compartir

Ourense, 2 de agosto de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou esta mañá o Concello do Bolo co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que acompañados polo alcalde do municipio, Manuel Corzo, fixeron un percorrido polas instalacións da Casa Consistorial para, posteriormente, continuar coa visita no Santuario da Nosa Señora das Ermidas.

O presidente do goberno provincial destacou o papel que exerce a Deputación de Ourense para poñer en valor o patrimonio ourensá asegurando que "exemplo da riqueza patrimonial da nosa provincia é o Santuario das Ermidas, un referente de turismo cultural de Ourense e da comarca de Valdeorras". Asemade, Baltar dixo que se trata "dun tesouro da provincia que merece a pena visitar para admirar a súa grandeza e a nosa riqueza paisaxística e natural".

Na visita ao templo tamén estiveron o Bispo de Astorga, Juan Antonio Menéndez; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e os párrocos do santuario, Francisco e José Antonio.