Acordos do Pleno extraordinario da Deputación de Ourense

Compartir

Ourense, 9 de agosto de 2017.- Os acordos aprobados no Pleno extraordinario da Deputación de Ourense, celebrado hoxe no Pazo Provincial, foron os seguintes:

1.- Afondar na xestión económica que permite aprobar plans e actuacións cara concellos e cidadáns, contidos na Carta de Servizos da institución, onde a publicidade e a concorrencia competitiva caracterizan as convocatorias.

2.- Continuar co cumprimento do Plan de mandato Ourense 15-19 que inclúe axudas da mesma contía económica para todos os concellos da provincia menores de 20.000 habitantes como as que resultan do Plan Provincial de Obras e Servizos, o Plan de Desbroces de vías provinciais, o Plan de Empregabilidade ou o Plan de Axudas a actividades da Mocidade.

3.- Reprobar a Alfredo Laudelino García Rodríguez pola utilización sectaria e partidista da FEGAMP, organización á que pertence esta Deputación.

4.- Dar conta destes acordos aos concellos da provincia de Ourense, aos integrantes do Consello Federal da FEGAM, aos compoñentes da Comisión Executiva da FEGAMP, á Xunta de Voceiros da FEGAMP, ao presidente da Xunta de Galicia e ao presidente do Parlamento de Galicia.