Manuel Baltar destaca o alto potencial do calendario de festas gastronómicas e culturais da provincia

Compartir

  • O presidente da Deputación de Ourense participou na "Festa do Emigrante" que organiza o Concello de Esgos, onde é concelleiro, unha data na que tamén tivo lugar a XI edición da "Festa do arroz con leite".

Ourense, 24 de agosto de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na "Festa do Emigrante" e na XI "Festa do arroz con leite" que organiza o Concello de Esgos, no que é concelleiro, onde destacou as altas cifras de asistentes e a gran capacidade organizativa da provincia en tódalas festas gastronómicas e culturais que acolle o noso territorio no que vai de verán.

Nese mesmo senso, Baltar lembrou ca provincia de Ourense conta con "tradicións, capacidade para poñelas en valor e produtos gastronómicos de primeiro nivel, razóns de máis para falar alto e claro do bofacer de Ourense neste eido". En canto ao éxito destas celebracións, o presidente do goberno provincial dixo que "os mellores xuíces son os participantes en todos estes eventos porque repiten ano tras ano e atraen a novos visitantes que comproban o carácter do noso pobo e o potencial agroalimentario".

"Dende o goberno provincial erixímonos en aliados de todas estas celebracións, colaborando cos concellos e facendo Ourense día a día, a través de liñas de axudas específicas que fan posible reunións de tanto éxito como as que forman parte dun calendario de citas gastronómicas e culturais tan completo como o que os ourensáns somos capaces de proxectar", sinalou Manuel Baltar.