Manuel Baltar reúnese con colectivos sociais de Baños de Molgas para analizar iniciativas culturais, de infraestruturas e medioambientais

Compartir

Ourense, 8 de setembro de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial a integrantes de colectivos sociais de Baños de Molgas que lle trasladaron diversas iniciativas para levar a cabo no municipio, relacionadas cos ámbitos culturais, de infraestruturas e medio ambiente. O presidente do goberno provincial agradeceu a implicación e o interese que amosan por propoñer accións que contribúan a mellorar os servizos e as actividades deste concello do rural ourensán.