Presentación da VIII "Feira de Artesanía e do Porco Celta" de Cortegada.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 8 de agosto, a presentación da VIII edición da "Feira de Artesanía e do Porco Celta" de Cortegada. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde e da concelleira de Cultura de Cortegada, Avelino Luis de Francisco e Begoña Estévez, respectivamente.