Manuel Baltar participa en Madrid na Xunta de Goberno da FEMP, que aprobou hoxe unha declaración de apoio a alcaldes de Cataluña
- O escrito, que foi aprobado por unanimidade, amosa o apoio aos rexedores locais "perseguidos por manter unha posición de respecto á Constitución e ás leis".
- Baltar considera que o respecto á Norma Básica de convivencia en España e ao Estado de Dereito "son máximas que non entenden de ideoloxías ni posicionamentos partidistas. Non hai outra interpretación que o respecto á Lei, marco ao que todos estamos sometidos polo ben dunha convivencia cívica e democrática".
Ourense, 26 de setembro de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe en Madrid na Xunta de Goberno da Federación española de municipios e provincias (FEMP), reunión na que se aprobou por unanimidade unha declaración institucional de apoio aos alcaldes de Cataluña "perseguidos por manter unha posición de respecto á Constitución e ás leis", recolle o escrito. O presidente do goberno provincial considera que o respecto á Norma Básica de convivencia en España e ao Estado de Dereito "son máximas que non entenden de ideoloxías ni posicionamentos partidistas. Non hai outra interpretación que o respecto á Lei, marco ao que todos estamos sometidos polo ben dunha convivencia cívica e democrática".
A FEMP considera intolerable o sinalamento e a persecución e o acoso que se está facendo a determinados alcaldes, e neste sentido Abel Caballero, presidente da FEMP, expresou o respaldo da institución a todos os alcaldes "que está sendo sinalados e obxecto dunha presión indesexable" en Cataluña.