- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do 2º RallyMix do Concello de Piñor. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do alcalde de Piñor, José Luis González; do presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; do presidente da Escudaría MixRallyeSports e director da proba, Ignacio J. Davila; e do xefe de seguridade da proba, Cándido Carrera.