Os mellores oradores de España daranse cita en Ourense no III Torneo Nacional de Debate
- Contará coa co-organización da Deputación de Ourense e estará dirixido por Iván Olmos, director do Club de Debate da Escuela de Finanzas e subcampión mundial da especialidade.
- Manuel Baltar confirmou, na reunión celebrada no Pazo Provincial con Iván Olmos e co presidente da Fundación Venancio Salcines, a colaboración da institución provincial para que Ourense acolla o evento.
Ourense, 5 de xaneiro de 2018.- Os mellores oradores de España daranse cita en Ourense no III torneo Nacional de Debate Universitario "Premio Ourense Termal", un evento que contará coa co-organización da Deputación de Ourense e da Escuela de Finanzas e que estará dirixido por Iván Olmos, director do Club de Debate da Escuela de Finanzas e subcampión mundial da especialidade. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmou, na reunión celebrada no Pazo Provincial co propio Iván Olmos e con Venancio Salcines, presidente da Fundación "Venancio Salcines", a colaboración da institución provincial para que Ourense acolla este evento.
O apoio institucional da Deputación de Ourense daralle a este torneo un importante impulso no ámbito nacional, evento no que se darán citan 80 debatentes de toda España, integrados en 40 equipos, e 30 xuíces nacionais e internacionais. Será o primeiro evento destas características que se celebre en Ourense, e suporá tamén a primeira vez que en Galicia se compite a nivel nacional co formato internacional de British Parliament.