Manuel Baltar recibe ao comisario da Policía Nacional en Ourense

Compartir

Ourense, 25 de xaneiro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao comisario xefe da Policía Nacional en Ourense, Antonio Álvarez Valencia, audiencia na que o mando policial lle comunicou oficialmente a súa despedida do cargo por xubilación. O presidente do goberno provincial agradeceulle o labor realizado no ano e medio que desempeñou o cargo á fronte do Corpo Nacional de Policía en Ourense. Antonio Álvarez Valencia, natural de Muíños, conta cunha carreira profesional de máis de corenta anos, que o levou a traballar en Madrid, Barcelona, Tarragona e Ourense. Ingresou no corpo policial en 1977, e en 1986 ascendeu a inspector. Dez anos despois foi nomeado inspector xefe, chegando a comisario en 2013.