Visita de Manuel Baltar ao municipio de Cartelle

Compartir

Ourense, 25 de xaneiro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o Concello de Cartelle, onde se reuniu co seu alcalde, Jaime Sousa, e con membros do equipo de goberno local para abordar temas de cooperación entre ambas administracións en materia de Infraestruturas, Cultura, Deporte e rede viaria. No seu percorrido polo municipio, Manuel Baltar visitou as obras de ampliación de beirarrúas levadas a cabo na travesía de Muntián, na estrada OU–0203, realizadas co apoio da Deputación de Ourense, actuación para a cal a institución provincial destinou unha achega de 60.000 euros.