O pleno da Deputación aproba definitivamente o Plan Provincial e Complementario por importe de máis de 11 millóns de euros
- A corporación provincial aprobou tamén na sesión plenaria de hoxe solicitar á Xunta que se actualice a necesidade obxectiva de implantación do Servizo de Hemodinámica as 24 horas no CHUO.
Ourense, 26 de xaneiro de 2018.- O Pleno da Deputación de Ourense aprobou definitivamente na sesión plenaria de hoxe, correspondente ao mes de xaneiro, celebrada no Pazo Provincial, o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018 e o Plan Complementario, para os cales a institución provincial achega un importe total de 11.294.234 euros.
O pleno tamén aprobou solicitar á Xunta de Galicia que, avaliados os datos pola Comisión de Control e Seguimento do "Rexistro Galego de Atención ao Infarto de Miocardio" (REGALIAM), se proceda a actualizar a necesidade obxectiva de implantación do Servizo de Hemodinámica as 24 horas no CHUO, por razóns de equidade da prestación.
A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:
PRÓRROGA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ADHESIÓNS AO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS EN MATERIA DE EMPREGABILIDADE 2018
Acordo:
1º) Establecer unha prórroga de dez (10) días hábiles no de presentación de solicitudes de adhesión ao Programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio de 2018, a cal comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio do presente acordo no BOP.
2º) Publicar o presente anuncio no BOP, aos efectos indicados.
PRÓRROGA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ADHESIÓNS AO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS EN MATERIA DE MOCIDADE 2018
Acordo:
1º) Establecer unha prórroga de dez (10) días hábiles no de presentación de solicitudes de adhesión ao Programa de cooperación en materia de mocidade para o exercicio de 2018, a cal comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio do presente acordo no BOP.
2º) Publicar o presente anuncio no BOP, para os efectos indicados.
PONTE NOVA DE OURENSE
Acordo:
Pedirlle ao presidente da Deputación que inste ao Ministerio de Fomento para que proceda a realizar aqueles traballos tanto de restauración como de limpeza, así como a renovación da iluminación da Ponte Nova de Ourense, co gallo do seu centenario.
AVESPA VELUTINA
Acordo:
1.- Que a Xunta de Galicia siga a proporcionar os medios materiais necesarios, como ven de facer segundo o Protocolo de Vixilancia e Control fronte á Avespa Asiática, á rede de concellos colaboradores no control desta especie e que participan directa e activamente na retirada de niños no seu ámbito municipal, ben a través das agrupacións de voluntarios de Protección Civil ou dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES), mesmo coa utilización de novas técnicas como o uso de drons.
2.- Que a Xunta de Galicia reforce a campaña de información os apicultores e cidadáns, tal e como sinala o citado protocolo de actuación, que inclúe folletos e carteis informativos, charlas informativas e información permanente actualizada no sitio web da Consellería do Medio Rural.
3.- Que a Deputación de Ourense, mediante un convenio de colaboración, apoie á Agrupación Apícola de Galicia e a Área de Apicultura da Universidade de Vigo no Campus de Ourense no seu proxecto de protección ás abellas fronte á avespa velutina, tal e como ven de negociar a institución provincial desde novembro de 2017.
SERVIZO DE HEMODINÁMICA
Acordo:
Demandar da Xunta de Galicia que, unha vez avaliados os datos pola Comisión de Control e Seguimento do "Rexistro Galego de Atención ao Infarto de Miocardio" (REGALIAM), se proceda a actualizar a necesidade obxectiva de implantación do Servizo de Hemodinámica as 24 horas no CHUO, por razóns de equidade da prestación.
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2018
Acordo:
Aprobar definitivamente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2018, segundo o documento inicialmente aprobado na sesión ordinaria de 27 de xaneiro de 2017, incorporando ó dito instrumento as actuacións que seguidamente reflíctense:
- Polo Concello de Barbadás, a obra denominada "Reforma e ampliación do camiño do cruceiro", cun orzamento de 48.000,00 €.
- Polo Concello de A Bola, adhesión á base 9ª relativa ós concellos en situación de insuficiencia financeira manifesta.
- Polo Concello de Ourense, a obra denominada "Mellora iluminación/eficiencia enerxética pasos termais", cun orzamento de 48.000,00 €.
- Polo Concello de Rairiz de Veiga, a obra denominada "Acondicionamento acceso peonil piscinas municipais" cun orzamento de 48.000,00 €.
- Polo Concello de Xinzo de Limia, a obra denominada "Pavimentación da rúa Alexandre Bóveda" cun orzamento de 48.000,00 €.
Como consecuencia das ditas incorporacións, resultan as seguintes cifras definitivas de investimento:
|
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ESTRADAS |
|||
|
|
DEPUTACIÓN |
CONCELLOS |
TOTAL |
|
1.- Obras municipais |
4.200.000,00 € |
1.693.335,82 € |
5.853.335,82 |
|
2.- Réxime especial para concellos en situación de insuficiencia financeira manifesta |
240.000,00 € |
|
240.000,00 € |
|
2.- Rede Viaria Deputación |
2.000.000,00 € |
|
2.000.000,00 € |
|
TOTAL |
6.440.000,00 € |
1.693.335,82 € |
8.133.335,82 € |
|
PLAN COMPLEMENTARIO |
|||
|
|
DEPUTACIÓN |
CONCELLOS |
TOTAL |
|
Obras municipais |
3.674.000,00 € |
110.882,40 € |
3.784.882,40 € |
|
Rede Viaria Deputación |
1.180.234,47 € |
|
1.180.234,47 € |
Así mesmo, rectifícase a instancias do concello a denominación da obra municipal correspondente ó concello de Leiro, resultando a denominación definitiva "Área recreativa e acceso a senda fluvial", cun orzamento de 48.000,00 €.