O Consorcio de Augas de Valdeorras asina o convenio colectivo cos seus empregados
Ourense, 3 de febreiro de 2018.- O Consorcio de Augas de Valdeorras vén de asinar o convenio colectivo cos seus empregados, "un documento froito de numerosas reunións, que recolle un amplo abano de cuestións como a subida salarial, independentemente do incremento porcentual previsto con carácter xeral para o persoal público; a equiparación dos postos de traballo; e tamén medidas sociais", explicou o presidente da entidade, o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, quen salientou que este acordo entre o consorcio e os seus traballadores "beneficia a ambas partes e vela polo bo funcionamento e a saúde da institución". Na reunión participaron, ademais do presidente do consorcio, a delegada sindical desta entidade, Susana Anta; o representante de CCOO, Benxamín Vences; e o secretario do consorcio, Francisco Cacharro.