Cerrado definitivamente o denominado "caso Depuradoras"

Compartir

  • O Tribunal Supremo da a razón á Deputación de Ourense, que non terá que devolver os fondos europeos destinados aos proxectos Daredo e Deputrans, que ascendían a 10.123.053 euros, confirmando así os argumentos que defendía a institución provincial.

Ourense, 16 de febreiro de 2018.- A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo vén de dar razón á Deputación de Ourense no denominado "caso Depuradoras", referido aos proxectos Daredo e Deputrans, pertencentes ao Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III. O alto tribunal, na resolución ditada con data 8 de febreiro de 2018 entende que non ha lugar ao recurso de casación interposto pola Administración Xeral do Estado, sobre o reintegro de subvencións do FEDER, impoñendo ademais as costas á parte recorrente.

Desta maneira, o Tribunal Supremo confirma que a Deputación de Ourense non terá que devolver os fondos europeos destinados a estes proxectos, que ascendían a un total 10.123.053,03 euros, confirmando así os argumentos que defendía a institución provincial. Esta resolución xudicial é definitiva e contra ela non cabe recurso, polo cal queda definitivamente pechado o chamado caso "Depuradoras".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defende "o respecto polas decisións xudiciais" afirmando que "non cabe máis valoración que dicir que a Xustiza falou".