A primeira fase da estación intermodal de Ourense terá un investimento de 10,9 millóns
- O presidente da Deputación, Manuel Baltar; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asistiron hoxe na Ponte á presentación do proxecto, que contempla a construción da nova estación de autobuses e do aparcadoiro soterrado xunto á estación de ferrocarril.
- Ethel Vázquez informou da licitación das obras e destacou que a os traballos para a nova estación de autobuses intermodal comezarán o vindeiro verán.
Ourense, 26 de febreiro de 2018.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asistiron hoxe na Ponte á presentación do proxecto da primeira fase da estación intermodal de Ourense, que contempla a construción da nova estación de autobuses e do aparcadoiro soterrado xunto á estación de ferrocarril, cun investimento de 10,9 millóns de euros. Ethel Vázquez informou da licitación das obras e destacou que a os traballos para a nova estación de autobuses intermodal comezarán o vindeiro verán
Manuel Baltar afirma que esta é "unha excelente noticia que da proba de que o goberno galego fala no Diario Oficial de Galicia, e neste caso sobre unha infraestrutura capital para o desenvolvemento futuro da provincia de Ourense, como son as obras da estación intermodal". O presidente do goberno provincial considera "de relevancia histórica o momento que estamos a vivir coa construción do tren de alta velocidade, unha infraestrutura que favorecerá de maneira determinante o avance económico e social da provincia de Ourense".
Coa licitación por parte da Xunta da construción da futura terminal de autobuses de Ourense –unha das pezas da estación intermodal-, a publicación no Diario Oficial de Galicia da luz verde ao prazo de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas na obra. O prazo de execución dos traballos será de 12 meses. Posteriormente, deben resolverse os contratos do aparcadoiro subterráneo e a terminal ferroviaria.