Manuel Baltar visita os municipios de Cortegada e Ramirás
Ourense, 20 de marzo de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe os municipios de Cortegada e Ramirás, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos concellos da provincia. En Cortegada reuniuse co alcalde, Avelino de Francisco, con quen repasou proxecto conxuntos entre ámbalas dúas administracións, en materia cultural, de infraestruturas, e de equipamento empresarial, e visitou, acompañado por concelleiros de equipo de goberno, o espazo do futuro campo de fútbol. Posteriormente, en Ramirás, o presidente do goberno provincial reuniuse co alcalde, Juan Carlos Rodríguez, con quen analizou obras en execución no municipio, como a da estrada e accesos en Villavidal, e tamén futuros acordos en materia de equipamento cultural referidos á antiga escola do Picouto.