Manuel Baltar visita Xunqueira de Ambía

Compartir

 

Ourense, 21 de marzo de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o municipio de Xunqueira de Ambía, onde se reuniu na Casa do Concello co alcalde, José Luis Gavilanes, e con concelleiros do grupo de goberno local. Baltar visitou as instalacións municipais e repasou co rexedor as obras e proxectos que actualmente se están a levar a cabo no municipio coa colaboración da Deputación de Ourense, como a humanización da praza Bispo Carrascosa e o futuro centro social interxeneracional. Esta visita forma parte da axenda de traballo que está a desenvolver o presidente do goberno provincial polos concellos da provincia de Ourense, coñecendo as obras e servizos que se implementan nos municipios da provincia coa cooperación da Deputación de Ourense.