Manuel Baltar visita os concellos de Maceda e Esgos

Compartir

Ourense, 23 de abril de 2018.- Infraestruturas, cultura, deporte e medio ambiente son os ámbitos que centraron a visita, hoxe, do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, aos concellos de Maceda e Esgos, onde se reuniu cos alcaldes destes municipios, Rubén Quintas e Mario Rodríguez, respectivamente. En Maceda, o presidente do goberno provincial analizou co rexedor local temas de infraestrutura viaria, proxectos futuros en materia cultural e a colaboración entre deputación e concello nos ámbitos deportivo e social, visitando ademais a escola infantil municipal "Contacontos". En Esgos, Manuel Baltar tratou co alcalde temas referidos á colaboración entre ámbalas dúas administracións en materia medioambiental e de abastecemento de auga a varios núcleos de poboación, e visitou a contorna da que será a futura biblioteca municipal-aula da cultura, obra que se levará a cabo restaurando dúas antigas palleiras.