A Deputación aproba axudas por importe de 162.000 para cooperación con concellos

Compartir

Ourense, 27 de setembro de 2021.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por videoconferencia baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de subvencións por un importe total de 162.000 euros, destinados á cooperación con concellos. Este capítulo inclúe unha axuda de 80.000 á Mancomunidade Voluntaria de Concellos da comarca de Ourense para gastos de funcionamento; Preto de 53.000 en dúas achegas para o Concello da Mezquita, destinadas ao cofinanciamento de senllos programas de eficiencia enerxética co IDAE; e 30.000 euros ao Concello de Porqueira para gastos de mantemento da residencia de maiores.

Na orde do día da sesión tamén figuraba a fixación de prezos públicos, desde 7 euros ata 35, para sete libros editados pola Deputación dentro do plan de publicacións para o presente ano.