Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 8 de setembro, a presentación do seminario "As paisaxes culturais da montaña galega". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde da Veiga, Juan Anta; da directora da Escola Galega de Paisaxe Juana de Vega, Isabel Aguirre; e do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Valerià Paül.