Manuel Baltar visita o concello de san Amaro
Ourense, 5 de xuño de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello de san Amaro, onde se reuniu co alcalde do municipio, Ernesto Pérez, e membros do equipo de goberno local, con quen visitou proxectos desenvolvidos conxuntamente, froito da cooperación entre o goberno provincial e o concello de san Amaro, relativos ao ámbito das infraestruturas. Na reunión valorouse moi positivamente o Plan de Empregabilidade e analizáronse novas actuacións para levar a cabo no municipio.