Entrega de diplomas do curso 2017-2018 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación
Ourense, 13 de xuño de 2018.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entregou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", os diplomas do curso 2017-2018 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación aos 30 alumnos do curso de construción de instrumentos musicais e aos 14 alumnos dun curso de interpretación de música medieval no que se utilizaron instrumentos do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense e que foron construídos no Obradoiro.
O curso de construción foi impartido polos mestres Luciano Pérez, Carlos Castro, Amador Conde e Manuel Brañas, mentres que o curso de interpretación de música medieval correu a cargo de Roberto Santamarina e Valentín Novio.
Ao remate do acto, o músico, produtor e compositor, Kepa Junkera, mestre da trikitixa, que é un acordeón diatónico vasco, ofreceu un concerto didáctico aos asistentes do acto.