Presentación da 7ª andaina do Señor do Larouco.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 11 de setembro, a presentación da 7ª andaina do Señor do Larouco. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Cualedro, Luciano Rivero; da presidenta da Asociación de Senderismo Ruta das Augas, Amaya Álvarez; e do colaborador do Concello de Cualedro, Eduardo Castro.