"Presente e futuro dos servizos municipais: a dimensión óptima", tema do II Congreso Red Localis

Compartir

Ourense, 21 de xuño de 2018.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, inaugurou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o II Congreso Red Locais, que nesta edición centra o debate no "Presente e futuro dos servizos municipais: a dimensión óptima", durante os días 21 e 22 de xuño. O Congreso, cun variado programa de relatorios e mesas redondas sobre esta cuestión, está dirixido a técnicos da administración local de toda España.