Manuel Baltar visita o concello de Trasmiras
Ourense, 28 de xuño de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello de Trasmiras, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos municipios da provincia de Ourense, onde se reuniu co alcalde, Emilio Pazos, e o grupo de goberno local para avaliar obras de cooperación conxunta entre o concello e a Deputación de Ourense e proxectos de futuro, no ámbito social e de infraestruturas.