Simulacro asistencial do programa "Acode e axuda" da fundación 061

Compartir

Ourense, 17 de xullo de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu hoxe na praza Maior de Ourense ao simulacro organizado pola fundación pública 061, no que se amosou o funcionamento do programa "Acode e axuda" e como se desenvolven as actuacións a partir dun evento de parada cardio-respiratoria nun entorno público, fora do ámbito sanitario.

Neste programa participan en torno a 350 voluntarios e consiste na simulación dun escenario de morte súbita na rúa no que unha testemuña recoñece á vítima e chama á Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informando dunha persoa inconsciente, probablemente sen pulso e respiración. Dende a CCUSG-061, o médico coordinador activa simultaneamente unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, facilita instrucións ao alertante para que comece as manobras de reanimación cardiopulmonar ao tempo que se activan os voluntarios de "Acude e axuda".