- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 13 de setembro, no curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, onde ofrecerá, nunha mesa redonda na que tamén participarán os presidentes das Deputacións de Xaén e Barcelona, a súa visión dos gobernos provinciais como cooperadores para o desenvolvemento dos pequenos e medianos municipios, así como as experiencias de éxito e os proxectos de innovación tecnolóxica, transparencia, internacionalización, promoción turística e participación cidadá, desenvolvidos pola Deputación nos plans "Ourense 92" e "Ourense 15-19". O curso "O futuro da administración local e o papel dos gobernos locais intermedios" rematará mañá no Palacio da Magdalena, en Santander.