Manuel Baltar visita o concello da Gudiña

Compartir

Ourense, 24 de xullo de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello da Gudiña, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos municipios da provincia de Ourense. A axenda de traballo no encontro que o presidente provincial mantivo con José María Lago, alcalde do municipio, figuraron temas referidos a infraestruturas viarias, equipamentos socio-sanitarios e actividades culturais.