O Carballiño propón a Manuel Baltar un novo proxecto de infraestruturas para o municipio

Compartir

  • Na reunión mantida, no Pazo Provincial, entre o presidente do goberno provincial con Francisco Fumega e Argimiro Marnotes.

Ourense, 18 de agosto de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e co portavoz popular do concello, Argimiro Marnotes, para abordar temas de cooperación entre ambas administracións. Na xuntanza, os representantes dos grupos políticos que apoiaron os orzamentos do 2018 nese municipio propuxéronlle a Manuel Baltar un novo proxecto de infraestruturas para o municipio, en concreto, a pavimentación de seis rúas do Carballiño (Castelao, Piñor, Pico Seco, Volante, Cea e Pena Grande), por ser unha renovación necesaria para o concello tendo en conta o mal estado destas calzadas.