- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 20 de setembro, a presentación de "Coñecendo o noso patrimonio", un programa de visitas guiadas gratuítas a lugares de interese do Concello de Oímbra. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e da alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino.