O Obradoiro de Instrumentos da Deputación expón as súas obras en Portugal
Ourense, 28 de setembro de 2018.- O Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense participa na mostra "Instrumentos musicais: A Arte dos seus construtores", no Museo Convento dos Lóios, en Santa María da Feira (Portugal), enmarcada na primeira edición do Encontro do Cancioneiro Galaico-Portugués, integrado na quinta capital da cultura do Eixo Atlántico. Os instrumentos do Obradoiro alí expostos son réplicas dos Instrumentos musicais medievais representados na Catedral de Ourense, zanfonas das cantigas de Santa María de Alfonso X "O Sabio", así como outros instrumentos da música tradicional galega. A mostra, que pode visitarse ata o vindeiro 30 de setembro, presenta un conxunto de instrumentos musicais procedentes de coleccións particulares de luthiers, revelando a súa riqueza e complexidade como obxectos culturais representativos da música galaico-portuguesa desde a Idade Media ata a actualidade.