- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación dos resultados das accións promocionais da provincia de Ourense levadas a cabo polo Inorde na "Vuelta" 2017. O acto terá lugar no stand "Ourense a provincia termal", na feira Termatalia, en Expourense. Posteriormente, ás 12.30 horas, Manuel Baltar participará na inauguración de Termatalia 2017.