O presidente da Deputación visita os concellos de Sandiás, Baltar e Calvos de Randín
Ourense, 23 de outubro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe os concellos de Sandiás, Baltar e Calvos de Randín, onde se reuniu cos seus respectivos alcaldes, Felipe Traveso, José Antonio Feijoo e Aquilino Valencia, e con membros dos equipos de goberno locais, encontros nos que o titular do goberno provincial analizou cos rexedores locais temas relativos a infraestruturas viarias e proxectos sociais e medioambientais.